Partly CloudyPartly Cloudy 18 oC
Humidity: 78%
Wind: NE at 8 mph
Home noticias Actividades ACTIVIDADES CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA EN MELIDE

Que te cuentas!

!Debes de tener Javascript activado para comentar.
Invitado rosa dijo:
2010-07-26 12:58:19
quiero saber programa fiestas San Roque 2010 en melide .gracias
Invitado vane-gsx-r dijo:
2010-07-03 15:47:59
hola queremos montar un club de motos en vigo quien se apunta¿?
Invitado duende dijo:
2010-05-30 15:21:03
mañana hace diez años q Fran murio, enceder todos una vela por el. Nunca te olvidare.
Invitado yamajita dijo:
2010-05-13 21:13:22
non saberes de ninguna este mes
Invitado esther dijo:
2010-04-15 13:19:40
"las becas para deportistas solo son para los mayores 14 años" asi es como incentivamos el deporte a los que empiezan desde pequeñitos les pagamos los papas todo y eso que van a los campeonato nacionales representando a galicia y se traen para casa el oro la plata y los bronces como en el caso del kick boxing en coruña las ayudas brillan por su ausencia pero en otras provincias estan becados hasta los pequeños creo que no es justo

Top Autores

admin: 307 Articles
Antonio: 73 Articles
gelines: 50 Articles
anxo: 16 Articles
El enterrador: 12 Articles
Thor: 9 Articles
Xiri: 9 Articles
censuras: 1 Articles

Sindicaciones

Estadísticas

OS : Linux i
PHP : 5.2.13
MySQL : 5.0.81-log
Tiempo : 07:43
Caching : Activado
GZIP : Activado
Miembros : 2736
Contenido : 477
Enlaces : 135
Ver contenido por hits : 1496437

Juegos al azar


  
Esquiva las bombas con tu submarino
Jugado: 426 veces

  
Gladiator
Jugado: 3102 veces

  
Gator Hop
Jugado: 3086 veces

  
Olympic Games
Jugado: 3141 veces

  
Memory Cats
Jugado: 3081 veces

Usuarios en linea

Tenemos 206 invitados conectado(s)
Detectores y Alarmas
Domótica y Seguridad (07.07.2010)
Vigile su hogar desde cualquier lugar.
Domótica y Seguridad (07.07.2010)
Sitema de control de intalaciones térmicas según RITE - RD 1826/2009
Hogar (06.07.2010)
KIT VídeoGrabador Digital con Pantalla 7\" y 2 Cámaras PEQUEÑO COMERCIO
Domótica y Seguridad (06.07.2010)
Acceso por reconocimiento de huella digital
Domótica y Seguridad (06.07.2010)


 
= Ad with Photo
ACTIVIDADES CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA EN MELIDE
Blogs - Actividades
7736 hits
Escrito por Administrator   
Viernes, 07 de Marzo de 2008 14:44
Mañá sábado celébrase o día internacional da muller traballadora, que todos os anos, polo 8 de marzo, lembra que é preciso seguir traballando pola igualdade de dereitos e oportunidades.
O Concello de Melide exporá por vinte e catro comercios da vila os carteis cos que se ten celebrado esta data noutros anos, e ofrecerá programación especial arredor do Día da Muller durante varios días.

Con motivo da celebración do 8 de marzo, Melide acollerá unha serie de actividades dende hoxe venres e ata o vindeiro mércores organizada polo departamento de Igualdade e Benestar que dirixe a nacionalista Casé Rodríguez. Así, dende hoxe 24 establecementos comerciais da vila terán expostos os carteis cos que en anos anteriores se conmemorou o Día Internacional da Muller Traballadora. En oficinas bancarias, no Museo, ou en establecementos comerciais, calquera persoa que este venres e durante a fin de semana pasee por Melide pode atoparse coas iconografías que lembran que segue habendo moitos para reivindicar, dende que en 1914 se celebrara por primeira vez o 8 de marzo.

Os carteis que esta fin de semana seguirán espallados por vinte e catro comercios de Melide poderán visitarse dende o luns nunha exposición conxunta instalada no Edificio Multiusos, e que permanecerá ata pasada a Semana Santa.

Aínda que este venres xa se están desenvolvendo actividades, o propio día da reivindicación feminista será este sábado. Para ese día, a Radio Municipal de Melide fará unha programación especial e monotemática que contará coa participación de mulleres implicadas de distintas maneiras na evolución da situación da muller dentro da sociedade e na súa loita por unha sociedade igualitaria. Así mesmo, neste día de programación especial de RadioMelide, contarase ás 11 da mañá coa intervención da presidenta da asociación de familias separadas “Solidariedad”, e media hora máis tarde a avogada da asociación de mulleres xuristas “Themis” falará sobre as circunstancias legais que rodean a situación das mulleres nos días de hoxe.


A programación da Radio Municipal manterá a temática da situación da muller tamén durante o luns, cun programa no que intervirán a psicóloga e a directora do Centro de Información á Muller, do Concello de Melide, un servizo a disposición de todas as mulleres, sito no Centro Social do noso Concello. A nivel de ambientación musical, durante estes días, a Radio Municipal está a dar maior protagonismo á música feita por mulleres ou grupos de mulleres galegas. Así, estes días soa en Radio Melide Leilía, Mercedes Peón, Uxía, Rosa Cedrón, a portuguesa Dulce Pontes e, dun xeito moi especial, o último disco da Señora Carmen, integrante do grupo Malvela que con 83 anos vén de editar o seu primeiro disco en solitario. Dende a concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide quérese render unha especial homenaxe a esta artista de Mos que simboliza un exemplo de muller traballadora e proxección propia no mundo da música.


Para rematar estes días de especial concienciación sobre as necesarias políticas de igualdade entre homes e mulleres, o mércores ás 17.30h a Concellería de Igualdade proxectará no Centro Social a película “Las chicas del calendario”, na que a unión de esforzos de varias mulleres está no fondo do seu argumento.
Gabinete de prensa concello de Melide
Comentarios (0)

 

Privacidad + Legal | CSS | XHTML
2010 boboras Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.