![]() | Smack the pinguin Veces jugadas: 644 | |
![]() | Snake Veces jugadas: 562 | |
![]() | Frogger Veces jugadas: 713 | |
![]() | Happy Memory Veces jugadas: 826 | |
![]() | Invaders Veces jugadas: 691 |
| Melide adxudica seis proxectos do Fondo Estatal destinados a viais rurais e urbanos |
| Blogs - Infraestructuras |
3138 hits |
| Escrito por Administrator | |
| Martes, 14 de Abril de 2009 06:59 | |
|
O Concello de Melide ten xa en marcha a execución de seis dun total de catorce obras que se realizarán este ano no municipio ao abeiro do Fondo Estatal de Investimento Local, do que Melide recibirá 1,4 millóns de euros.
Estes seis proxectos, que xa foron adxudicados, supoñen un investimento de 250.000 euros e suporá a mellora de diversas infraestruturas viarias. Dentro destes seis proxectos que estes días comezan a executarse en Melide atópase a mellora do último tramo da Rúa Galicia, despois de que en 2008 o equipo de goberno levara a cabo unha mellora importante no tramo máis amplo desta rúa, xunto coa reforma da Avenida de América. A obra será executada pola empresa melidense Leonardo Miguélez e o orzamento chega aos 50.000 euros. Tamén no eido das infraestruturas viais, neste caso das rurais, o Concello vén de adxudicar o proxecto de pavimentación asfáltica en varias pistas das parroquias de Xubial, Santalla, Folladela, Baltar, Moldes, Gondollín, Campos e San Cosme. A mellora de varias pistas nestas oito parroquias correrá a cargo das empresas Excamel de Melide, Antonio Filloy e Antalsis. No casco urbano actuarase tamén sobre o Camiño de Agüeiros, Rañadoiro e o Camiño dos Tagarros. Fonte boletín concello de Melide Comentarios (0) |
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.