![]() | Juguemos al fútbol Veces jugadas: 683 | |
![]() | Smack the pinguin Veces jugadas: 655 | |
![]() | Snake Veces jugadas: 565 | |
![]() | Gator Hop Veces jugadas: 715 | |
![]() | Invaders Veces jugadas: 713 |
| Melide analizará esta fin de semana a rendibilidade do monte galego |
| Blogs - Actividades |
4049 hits |
| Escrito por Administrator | |
| Miércoles, 21 de Enero de 2009 22:39 | |
|
A Concellaría de Medio Rural organiza o venres 23 e o sábado 24 unhas xornadas técnicas que baixo o título Valorización do sector forestal e multifuncionalidade do monte na comarca da Terra de Melide, reunirán en Melide a representantes das tres universidades galegas, técnicos e asesores da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e tamén a membros de entidades vencelladas directamente ao asociacionismo forestal, como é o caso da Mancomunidade de produtores de biomasa forestal primaria no sur de Galicia ou a Reserva de Biosfera da Área de Allariz. A concelleira de Medio Rural de Melide, Anabel Ramos, destacou que “serán xornadas abertas e gratuítas –previa inscrición no Concello-, porque queremos impulsar e popularizar as políticas de aproveitamento forestal, que teñen na comarca de Melide un escenario privilexiado”. O venres 23, ás 10h, a alcaldesa de Melide, Socorro Cea, inaugurará as xornadas, que continuarán durante o venres ata as 19h. O segundo día, sábado, o horario será de 10h a 14h. Nestes dous días para o encontro e o debate, abordaranse aspectos como o aproveitamento da biomasa, o valor sociocultural do patrimonio forestal de Galicia, o proxecto para aproveitamento de superficie forestal no Concello de Allariz (aplicable noutros territorios) ou a achega ecolóxica do monte ou os sistemas de aproveitamento establecidos na actualidade, como o Banco de Terras de Galicia –BANTEGAL-. Todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, deberán formalizar a súa inscrición na Concellaría de Medio Rural do Concello de Melide. Posteriormente, o domingo 25, coincidindo coa feira grande do gando en Melide, celebrase no Pazo de Congresos unha feira-exposición de gando autóctono, vacún, ovino e cabalar, que poderá visitarse durante todo o día. Fonte boletín novas concello de Melide Comentarios (0) |
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.