Un evento es un acontecimiento que desde la web queremos dar a conocer. Es decir: FIESTAS en cualquier pueblo, un acontecimiento DEPORTIVO, cualquier otro que quieras hacer llegar a la comunidad, una REUNION de amigos, etc.
Todo aquello que te parezca interante... Sólo tienes que hacer clic en AGREGAR EVENTO.
|
O PP de Melide oponse a subida de impostos |
|
|
|
|
escrito por Xiri
|
|
30/11/08 |
O GRUPO POPULAR MUNICIPAL VOTOU EN CONTRA NO PLENO DE HOXE A SUBIDA DO 4,5 % DAS ORDENANZAS MUNICIPAIS E OPONSE TOTALMENTE A SUBIDA DO 20% EN MENOS DUN ANO NO RECIBO DA AUGA. O PP PROPÓN A CONXELACIÓN DOS IMPOSTOS MUNICIPAIS.
ÁNXELES VÁZQUEZ INSTA Ó GOBERNO A FACER UNHA POLÍTICA DE CONTENCIÓN DE GASTOS, EN VEZ DE SUBIR OS IMPOSTOS ÓS MELIDENSES.
Melide, 13 de novembro de 2008. O PP DE Melide propuxo no pleno celebrado no día de hoxe a conxelación dos impostos municipais de cara ó vindeiro ano debido a crise que está vivindo o país e que afecta de un modo importante a Melide debido a situación do sector gandeiro e da construcción eixos fundamentais da economía deste concello e que repercute negativamente nos demais sectores.
Segundo Ánxeles Vázquez tódolos recibos chegaran o vindeiro ano con unha suba do 4,5 % e o da auga chegará ó 20% de suba en menos de un ano opoñéndose rotundamente o PP de Melide .
O grupo popular municipal instou ó goberno a facer unha política de contención de gasto e facer un esforzo para que os melidenses non teñan que sufrir un incremento dos impostos de cara o vindeiro ano. Critica o PP que se tome o actual goberno á lixeira a economía do Concello, lembrando que se perden subvencións por non pedilas a tempo, como foi o caso da 2ª fase de campos de fútbol de herba artificial, ou que se despida persoal que despois ten que ser indemnizado por tratarse de despidos improcedentes, caso da locutora de radio e eso sexa pagado polos impostos dos melidenses.
Votar favorito (76) | Visto: 2140
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
|
Modificado el ( 13/12/08 )
|