Mayormente nubladoMayormente nublado 14 oC
Humedad: 77%
Viento: E a 6 km/h
Home

Que te cuentas!

!Debes de tener Javascript activado para comentar.
Invitado amigosportingcambre dijo:
2010-02-24 07:55:19
Os comunico que desde hace poco existe una nueva Web (no oficial) en la que se actualizan semanalmente todos los resultados del futbol base. Esta tiene un formato muy sencillo pensando en que sea visitada por los niños. La encontrareis en google escribiendo amigospcambre (http://personales.ya.com/amigospcambre/). Espero que os sirva de ayuda. Si la encontrais util darla a conocer (añadiendo links,etc.....). Un saludo

Top Autores

admin: 281 Articles
Antonio: 72 Articles
gelines: 48 Articles
anxo: 14 Articles
El enterrador: 12 Articles
Thor: 9 Articles
Xiri: 9 Articles
censuras: 1 Articles

Sindicaciones

Juegos al azar

Jewels
Veces jugadas: 661
 
Olympic Games
Veces jugadas: 677
 
Gator Hop
Veces jugadas: 711
 
Memory Cats
Veces jugadas: 709
 
Alien Colony
Veces jugadas: 662
 

Usuarios en linea

Tenemos 217 invitados conectado(s)
A Xunta non dispón de ningún trazado alternativo para A-54
Blogs - Infraestructuras
4286 hits
Escrito por Xiri   
Domingo, 30 de Noviembre de 2008 21:30
Ánxeles Vázquez critica a pasividade do Concello porque o primeiro estudio enviouse ao Ministerio o 26 de xuño, e o definitivo coas correccións non se entregou ata o 5 de setembro O PP de Melide acusa a Socorro Cea de irresponsable por demorar os informes para o trazado alternativo da autovía contribuindo a que a obra continúe paralizada.
O PP insta a Socorro Cea a dar explicacións sobre os motivos que levaron ó Concello a enviar un estudio de só dos folios e medio e posteriormente o mesmo pero con conclusión o 5 de setembro; este último fora de prazo.

Melide, 2 de novembro de 2008. O PP de Melide deu a coñecer, nunha nota informativa, a súa valoración tras a contestación por parte da Xunta dunha pregunta formulada polo Grupo Parlamentario Popular, na que a Administración Autonómica confirma que non dispón de ningún estudio informativo do treito Arzúa- Palas de Rei, nin polo tanto de ningún trazado alternativo a Melide.
Isto supón, segundo palabras de Ánxeles Vázquez, “que a autovía que xa leva un retraso de 5 anos, continúe paralizada e a este paso tardará moitos máis en ver a luz”.
Os populares denuncian que, despois de solicitalo durante tres meses, por fin tiveron acceso aos informes que o Concello remitiu ao Ministerio para o estudio informativo Arzúa-Palas de Rei, é decir, para o trazado alternativo de Melide.
Tras estudiar o citado informe o PP constatou que o Goberno Municipal actuou con total irresponsabilidade , constatando que o Goberno Local enviou o primeiro informe o 26 de xuño, que non tiña sentido por carecer de conclusión, e a alcaldesa non volveu a remitir o novo estudio corrixido ata o 5 de setembro; cando o prazo para remitilo remataba a finais de xuño.

 A voceira do PP entende agora cales son os motivos polos que o Concello non levou a aprobación deste estudio perante ningún organismo, xa que inda que o Ministerio pedía un estudio detallado, Socorro Cea remitiu o 26 de xuño só dous folios e medio. Posteriormente o mesmo estudio pero con conclusión entregouse o 5 de setembro, o que supón unha pérdida de tempo pola falta de capacidade do Goberno Local para cumplir coa súa obriga e pola pasividade para axilizar un informe que está contribuindo a parálise na construcción do citado tramo da autovía. Ánxeles Vázquez tamén critica a falta de transparencia do Goberno Local porque tardou 3 meses en facilitarlle o estudio detallado, que no mes de maio pedíu Medio Ambiente co fin de facilitar a cercanía a vila, o que pón de manifesto o seu interese por ocultar a verdade sobre os trámites que se estaban levando a cabo, ante a evidencia da acumulación de novos retrasos.
A voceira do PP esixe a Cea que explique públicamente os motivos polos cales neste Concello se fan as cousas tan a lixeira e se comete o erro de tardar tres meses en completar un informe ao que lle faltaba engadir as conclusións. Para os populares supón una irresponsabilidade por parte do Goberno Local que non se priorice un tema tan importante como a construcción do trazado alternativo da autovía en Melide, xa que se trata dunha actuación que afecta a todos os veciños e que preocupa a toda a vila. {mosimage}{mosimage}{mosimage}{mosimage}
Comentarios (0)

 

Privacidad + Legal | CSS | XHTML
2010 boboras Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.