NubladoNublado 10 oC
Humedad: 65%
Viento: SO a 11 km/h
Home

Que te cuentas!

!Debes de tener Javascript activado para comentar.
Invitado amigosportingcambre dijo:
2010-02-24 07:55:19
Os comunico que desde hace poco existe una nueva Web (no oficial) en la que se actualizan semanalmente todos los resultados del futbol base. Esta tiene un formato muy sencillo pensando en que sea visitada por los niños. La encontrareis en google escribiendo amigospcambre (http://personales.ya.com/amigospcambre/). Espero que os sirva de ayuda. Si la encontrais util darla a conocer (añadiendo links,etc.....). Un saludo

Top Autores

admin: 282 Articles
Antonio: 72 Articles
gelines: 49 Articles
anxo: 14 Articles
El enterrador: 12 Articles
Thor: 9 Articles
Xiri: 9 Articles
censuras: 1 Articles

Sindicaciones

Juegos al azar

Fórmula 1
Veces jugadas: 688
 
Gator Hop
Veces jugadas: 712
 
Jewels
Veces jugadas: 665
 
Gladiator
Veces jugadas: 690
 
Simon
Veces jugadas: 568
 

Usuarios en linea

Tenemos 256 invitados conectado(s)
Arranca en Melide unha campaña de información sobre a TDT
Blogs - Infraestructuras
4429 hits
Escrito por Antonio   
Lunes, 24 de Noviembre de 2008 21:31
Melide será o primeiro concello ao que chegará a campaña informativa posta en marcha pola Secretaría Xeral de Comunicación e o operador público de telecomunicacións Retegal para achegar a TDT á cidadanía. No acto, que será o martes 25 ás 20 horas no edificio multiusos, intervirán, entre outros, o director xeral, Manuel Xosé Fernández Iglesias, e a alcaldesa de Melide, Socorro Cea. Durante o mes de decembro desenvolveranse outras seis charlas semellantes nos centros poboacionais onde está a ter lugar o encendido dixital e será o apagamento analóxico en xullo de 2009. Despois de Melide será a quenda de Noia (o día 3), Muxía (o 9 de decembro), Verín (mércores 10), Silleda (Martes 16) e Vedra (mércores 17).

Segundo informa a dirección xeral, o plan de actuación para o apagado de Ourense Leste e Santiago prevé un mínimo de 6 meses de convivencia entre as dúas tecnoloxías. Por iso, o despregamento dixital rematará nas dúas zonas o 31 de decembro de 2008, cunha cobertura superior ao 98,5% da poboación para o múltiplex autonómico, que leva o sinal das dúas canles da TVG e as futuras privadas de Popular TV e de La Voz de Galicia.

A campaña diríxese aos axentes do sector, administracións locais, radiodifusores, instaladores, comunidades de veciños e cidadanía en xeral para garantir que ninguén deixe de recibir os servizos de televisión que até agora vía en analóxico. O obxectivo é facilitar o proceso de transición do analóxico ao dixital. Comunicarase que o servizo ten maior calidade de imaxe e son e novas posibilidades con respecto á vella tecnoloxía.

Ao acto de Melide están convidadas persoas dos concellos de Arzúa, Boimorto, Frades, Mesía, Ordes, Santiso, Sobrado, Toques, Tordoia, Touro, Trazo e Vilasantar. O lema da campaña é "Imos por diante".

Unha vez se complete o acendido dixital no mes de decembro, que beneficia a 51 concellos das dúas demarcacións, Retegal e a secretaría xeral encargaranse de despregar encheocos para completar a cobertura até acadar o acceso universal no que respecta ao múltiplex autonómico, de cara a o apagón de finais de xuño.

No resto de Galiza as datas son do 31 de decembro de 2009, para as áreas de Ares (A Coruña) e Meda (Ourense) e do 3 de abril de 2010 para Domaio (Pontevedra) e Páramo (Lugo). O proxecto de transición de Ourense Leste e Santiago afecta a 44.184 e 357.673 habitantes, respectivamente, mentres que o de Meda abrangue 339.603, o de Ares 709.831, o de Páramo 316.227 e o de Domaio 936.001.

A campaña enmárcase na liña estratéxica INF-LA1, de Infraestruturas e servizos de telecomunicacións.
Fonte  www.sociedadedainformacion.eu
Comentarios (0)

 

Privacidad + Legal | CSS | XHTML
2010 boboras Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.