Un evento es un acontecimiento que desde la web queremos dar a conocer. Es decir: FIESTAS en cualquier pueblo, un acontecimiento DEPORTIVO, cualquier otro que quieras hacer llegar a la comunidad, una REUNION de amigos, etc.
Todo aquello que te parezca interante... Sólo tienes que hacer clic en AGREGAR EVENTO.
|
Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres en Melide |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
24/11/08 |
Este martes en todo o mundo estará presente a loita pola eliminación da violencia de xénero contra as mulleres. Á marxe das políticas transversais que se realizan a nivel da administración, o departamento de Igualdade e Benestar que dirixe Casé Rodríguez celebrará o compromiso con esta loita a través dunha semana completa de actividades que terán como trasfondo a igualdade, a formación a prol da equiparación entre homes e mulleres e o remate das discriminacións.
Casé Rodríguez presentou un programa no que “quixemos implicar a todos os segmentos da sociedade, porque todos temos un papel que desenvolver na procura da igualdade entre xéneros”. Para os máis pequenos, o mesmo luns 24, organizaranse na biblioteca obradoiros sobre xogos non sexistas. O martes continuarán as actividades con contacontos -18.00h na Biblioteca- dirixidos non só para fillos e fillas, senón tamén para pais e nais, que segundo a concelleira nacionalista “son os alicerces fundamentais da educación na igualdade”. Tamén para nenos, o mércores -18.30 h na Casa do Concello- desenvolverase o taller “Coas mans na masa”, que implicará aos pequenos da casa, dun xeito igualitario, no mundo da cociña.
A formación na igualdade abranguerá tamén nestes días a forzas e corpos de seguridade. Os membros destas institucións poderán asistir a unha xornada na que se afondará sobre o tratamento da violencia de xénero, nun momento no que este problema social está cada vez máis espallado pola sociedade.
A concellaría de Igualdade e Benestar deseñou esta programación sen esquecer o eido cultural. O domingo 30 un grupo de teatro e animación percorrerá as rúas de Melide en pases de mañá e de tarde cun espectáculo titulado “Receitando transfusións de igualdade”. Casé Rodríguez afirmou que “o humor, o teatro e a cultura deben servirnos para achegar mensaxes tan serias e profundas como a da situación de discriminación que seguen a sufrir moitas mulleres, ou aqueloutras nas que se rexistran casos de violencia machista”.
Noticia boletín do concello de Melide
Votar favorito (82) | Visto: 2072
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |