Un evento es un acontecimiento que desde la web queremos dar a conocer. Es decir: FIESTAS en cualquier pueblo, un acontecimiento DEPORTIVO, cualquier otro que quieras hacer llegar a la comunidad, una REUNION de amigos, etc.
Todo aquello que te parezca interante... Sólo tienes que hacer clic en AGREGAR EVENTO.
|
Exposición FotogrÁFRICA. Médicos do Mundo achegan a Melide a loita contra o VIH en África |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
19/11/08 |
FotogrÁFRICA, é unha mostra sobre como o continente africano está a vivir a pandemia da sida a través do obxectivo de catro fotógrafos, un de cada continente: Lorena Ros, Javier Teniente, Xulio Villarino e Rossina Ynzega. Grazas a unha iniciativa de Médicos do Mundo, que viaxaron por Namibia, Senegal, Mozambique e Angola impartindo talleres, tomando fotografías e recollendo testemuños directos das propias persoas afectadas polo VIH, configurouse unha exposición que está a percorrer varias localidades de todo o país. O Concello de Melide inaugurou esta mostra, que poderá visitarse na sala de exposicións do Edificio Multiusos ata o 30 de novembro.
O fío condutor desta particular exposición é precisamente a cámara fotográfica. Moitas das imaxes que poden visitarse están tomadas polas vítimas da enfermidade, que a través campaña de Médicos do Mundo se situaron detrás do obxectivo captando a súa propia e particular visión da realidade.
Ao abeiro de FotogrÁFRICA, vidas arredor da sida, o Edificio Multiusos de Melide acollerá a vindeira semana un taller aberto ao público e totalmente gratuíto que ten por obxectivo formar na educación para previr a sida. O luns, martes e mércores de 19 a 21 horas, maiores de dezaoito anos formarán un grupo no que aprenderán habilidades de comunicación e de ensino para abordar o tema da pandemia. O obxectivo dos talleres é formar a futuros formadores, dende o convencemento de que a prevención é sempre a mellor cura. Estes coñecementos e facultades facilitarán a difusión a asociacións, colexios ou outro tipo de colectivos que a través da información acheguen a forza da súa loita contra o VIH. Fonte boletín do concello de Melide.
Votar favorito (74) | Visto: 2214
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |