Mayormente nubladoMayormente nublado 12 oC
Humedad: 84%
Viento: NE a 6 km/h
Home

Que te cuentas!

!Debes de tener Javascript activado para comentar.
Invitado amigosportingcambre dijo:
2010-02-24 07:55:19
Os comunico que desde hace poco existe una nueva Web (no oficial) en la que se actualizan semanalmente todos los resultados del futbol base. Esta tiene un formato muy sencillo pensando en que sea visitada por los niños. La encontrareis en google escribiendo amigospcambre (http://personales.ya.com/amigospcambre/). Espero que os sirva de ayuda. Si la encontrais util darla a conocer (añadiendo links,etc.....). Un saludo

Top Autores

admin: 281 Articles
Antonio: 72 Articles
gelines: 48 Articles
anxo: 14 Articles
El enterrador: 12 Articles
Thor: 9 Articles
Xiri: 9 Articles
censuras: 1 Articles

Sindicaciones

Juegos al azar

Simon
Veces jugadas: 562
 
Ninjas
Veces jugadas: 688
 
Smack the pinguin
Veces jugadas: 641
 
catScratch
Veces jugadas: 392
 
Frogger
Veces jugadas: 713
 

Usuarios en linea

Tenemos 227 invitados conectado(s)
vendo gallinas de raza
Animales (20.03.2010)
comprate un chihuahua
Animales (05.03.2010)
AHORRO ENERGÉTICO > DD-0040 KIT SOLAR LED EXPERIENCE
Domótica y Seguridad (22.02.2010)
AHORRO ENERGÉTICO > TIRA LED FLEX BITONO BLANCO, DC12V, IP67 EXTERIOR
Domótica y Seguridad (22.02.2010)
AHORRO ENERGÉTICO > TIRA LED FLEX 5 MTS RGB IP65 INCL. CONTROLADOR RGB
Domótica y Seguridad (22.02.2010)


 
= Ad with Photo
A biblioteca municipal de Melide recibe o premio María Moliner de animación á lectura
Blogs - Cultura
5151 hits
Escrito por Administrator   
Miércoles, 19 de Noviembre de 2008 22:37
A biblioteca pública municipal Xosé Vázquez Pintor de Melide celebrou no 2007 o seu trinta aniversario. Con tal motivo, durante ese ano desenvolveuse na biblioteca unha programación especial de actividades encadradas nun proxecto titulado BIBLIOTECA PÚBLICA DE MELIDE  1977-2007. Este proxecto vén de ser recoñecido cun dos premios María Moliner, que conceden o Ministerio de Cultura e a Federación Española de Municipios O premio, que está dotado con 200 títulos, ademáis de contribuir a actualización do  fondo que ascende xa a 18.000 volumes, ten como obxectivo incentivar as accións de animación á lectura, a eficacia  no  labor bibliotecario e  a integración social nas bibliotecas de concellos de menos de 50.000 habitantes.

A Biblioteca Pública Municipal de Melide creouse no ano 1977, e dende entón desempeña un papel fundamental no eido cultural e educativo, non só no Concello de Melide senón en todos os que integran a comarca da Terra de Melide. Non en van, son moitos os veciños/as destes concellos que se achegan a consultar, facer traballos, investigar,  solicitar en préstamo calquera dos seus fondos ou facer consultas en internet. A Bibliotecaria municipal dende o ano 1977, Ánxela López, organiza numerosas actividades ao longo do ano para os máis pequenos e que agora ten o seu recoñecemento público.

Os máis de 18.000 volumes, 6 puntos de consulta en internet e 3.181 usuarios suscritos ao préstamo cos que conta nas dúas seccións ben diferenzadas (adultos e infantil) avalían unha constante preocupación pola formación,  educación e información  dos usuarios, sen esquecer a parte lúdica.

Os centros de ensino dos distintos concellos da comarca: CEIP Virxe do Portal de Sobrado; CEIP de Toques; CEIP nº 1, CEIP Martagona, CEIP Mestre Pastor Barral e IES de Melide; CEIP Arcediago e CEIP Visantoña de Santiso dedican  cada ano días exclusivos a visitar a  biblioteca.

Por outra banda, o Concello de Melide programa conxuntamente coa biblioteca municipal numerosas actividades culturais para o público infantil, e coordina publicacións, seminarios, cursos, concursos de debuxo, pintura, carteis, xadrez, representacións teatrais, programas de radio e un longo etcétera, que configuran un currículum de programas organizados para fomentar a  lectura principalmente.

A necesidade de crear hábito de lectura aos vecinos/as, e principalmente facer nenos/as lectores/as foi unha constante preocupación para a biblioteca de Melide, desde que naquel ano 1977 “aterran” os 2.500 volumes cos que o Ministerio de Cultura e o Concello de Melide crean  esta institución municipal.

O premio Marina Moliner foi acollido pola concelleira de Cultura, Conchi Castro con grande satisfacción, xa que “supón o recoñecemento a un traballo constante do departamento de cultura e da bibliotecaria a prol do fomento da lectura, no que hai pasado, presente e sobre todo moitas liñas de actuación tendidas xa cara o futuro”.  Ao mesmo tempo, a concelleira nacionalista tamén insistiu en que “sería desexable que este premio sirva como novo reclamo para futuros lectores, e facer da biblioteca un punto de encontro de lectura e de intercambio cultural”.

Fonte da nova: boletín concello de Melide.
Comentarios (0)

 

Privacidad + Legal | CSS | XHTML
2010 boboras Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.