| Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (131 art.) | |
| Antonio (39 art.) | |
| anxo (11 art.) | |
| El enterrador (5 art.) | |
| gelines (32 art.) | |
| san benito (1 art.) | |
| Thor (3 art.) | |
| Xiri (9 art.) |
| A biblioteca municipal de Melide recibe o premio María Moliner de animación á lectura |
|
|
|
| escrito por Administrator | ||||||
| 19/11/08 | ||||||
|
A Biblioteca Pública Municipal de Melide creouse no ano 1977, e dende entón desempeña un papel fundamental no eido cultural e educativo, non só no Concello de Melide senón en todos os que integran a comarca da Terra de Melide. Non en van, son moitos os veciños/as destes concellos que se achegan a consultar, facer traballos, investigar, solicitar en préstamo calquera dos seus fondos ou facer consultas en internet. A Bibliotecaria municipal dende o ano 1977, Ánxela López, organiza numerosas actividades ao longo do ano para os máis pequenos e que agora ten o seu recoñecemento público. Os máis de 18.000 volumes, 6 puntos de consulta en internet e 3.181 usuarios suscritos ao préstamo cos que conta nas dúas seccións ben diferenzadas (adultos e infantil) avalían unha constante preocupación pola formación, educación e información dos usuarios, sen esquecer a parte lúdica. Os centros de ensino dos distintos concellos da comarca: CEIP Virxe do Portal de Sobrado; CEIP de Toques; CEIP nº 1, CEIP Martagona, CEIP Mestre Pastor Barral e IES de Melide; CEIP Arcediago e CEIP Visantoña de Santiso dedican cada ano días exclusivos a visitar a biblioteca. Por outra banda, o Concello de Melide programa conxuntamente coa biblioteca municipal numerosas actividades culturais para o público infantil, e coordina publicacións, seminarios, cursos, concursos de debuxo, pintura, carteis, xadrez, representacións teatrais, programas de radio e un longo etcétera, que configuran un currículum de programas organizados para fomentar a lectura principalmente. A necesidade de crear hábito de lectura aos vecinos/as, e principalmente facer nenos/as lectores/as foi unha constante preocupación para a biblioteca de Melide, desde que naquel ano 1977 “aterran” os 2.500 volumes cos que o Ministerio de Cultura e o Concello de Melide crean esta institución municipal. O premio Marina Moliner foi acollido pola concelleira de Cultura, Conchi Castro con grande satisfacción, xa que “supón o recoñecemento a un traballo constante do departamento de cultura e da bibliotecaria a prol do fomento da lectura, no que hai pasado, presente e sobre todo moitas liñas de actuación tendidas xa cara o futuro”. Ao mesmo tempo, a concelleira nacionalista tamén insistiu en que “sería desexable que este premio sirva como novo reclamo para futuros lectores, e facer da biblioteca un punto de encontro de lectura e de intercambio cultural”. Fonte da nova: boletín concello de Melide. Votar favorito (24) | Visto: 763
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| Modificado el ( 19/11/08 ) | ||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons