Calendario de eventos | Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (190 art.) | |
| Antonio (53 art.) | |
| anxo (13 art.) | |
| El enterrador (10 art.) | |
| gelines (41 art.) | |
| san benito (1 art.) | |
| Thor (5 art.) | |
| Xiri (9 art.) |
| A Secretaría Xeral de Comunicación inaugura o Telecentro do concello de Melide |
|
|
|
| escrito por Administrator | ||||||
| 17/11/08 | ||||||
|
No acto participaron ademais preto de 50 alumnos do Colexio Público do municipio, o tenente alcalde, Manuel Prado, así como os representantes das asociacións municipais. Desde Vedra, a través de videconferencia, o alcalde do municipio, Odón Cobas García, deu a benvida ao concello de Melide á Rede de Telecentros de Comunicación. A Secretaría Xeral de Comunicación colabora coa dotación e instalación de equipos audiovisuais e multimedia, así como co seu mantemento tecnolóxico. Ademais, incorpora o concello á Rede de Telecentros de Comunicación (RTC) para que se beneficien do traballo colaborativo en rede e da comunidade virtual da RTC. A inversión da Secretaría Xeral de Comunicación para a posta en marcha dese telecentro de comunicación foi de 120.000 €. Ademais de dotar aos TCs do equipamento axeitado (no caso do TC de Melide 20 terminais de ordenador), a Xunta de Galicia busca que adquiran un dinamismo para o que se están a desenvolver proxectos que permiten aproveitar as sinerxías que xorden da administración autonómica e da local. Un dos obxectivos da Secretaría Xeral de Comunicación é converter o telecentro de comunicación nun punto de encontro dentro do concello conseguindo incorporalo como alternativa habitual na axenda de tempo libre da cidadanía. Asociacións e colectivos de todo tipo poden utilizar este telecentro de comunicación (TC) para realizar cursos, roldas de prensa, videoconferencias, reunións de traballo, visionado de audiovisuais ou conferencias, entre outros. A Rede de Telecentros galega A Rede de Telecentros de Comunicación (RTC) é un servizo público e gratuíto para todos os cidadáns financiado pola Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, en colaboración cos concellos onde se sitúan. Actualmente, a Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, dispón de telecentros situados nas localidades da Coruña, Abegondo, Arzúa, Boiro, Carballo, Ribeira, Santa Comba, Muros, Santiago, Vedra, Vimianzo, A Fonsagrada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Monterroso, Viveiro, Santa Comba, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ourense, Verín, Xinzo de Limia, A Estrada, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, Marín, Redondela, Tui e Vigo. Fonte da nova Xunta.es Votar favorito (70) | Visto: 2046
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons