-
O uso de herbicidas por NORFOR deteriora a biodiversidade e aumenta o risco de lumes
perdía o selo FSC (index.php?option=com_content&task=view&id=1236&Itemid=2)(certificación forestal sustentábel) polas malas prácticas forestais, quer a aplicación de glifosato en parcelas certificadas. ADEGA pide ás comunidades de montes que denuncien os seus acordos oa papeleira se persisten no uso de herbicidas.
-
A Costa da Morte, de saldo: piscifatorías, parques eólicos, Parador e agora, liña de alta tensión
Compostela, 25 de xuño de 2009. O ambiente da Costa da Morte está de saldo: piscifatorías, parques eólicos en primeira liña de costa, Parador na Rede Natura e agora, a liña de alta tensión (LAT) Muxía-Vimianzo. ADEGA ven de presentar novas alegacións á liña de alta tensión Muxía-Vimianzo, outro proxecto de alto impacto para unha zona xa amenazada polas piscifatorías de Merexo e Touriñán, o Parador previsto para a Rede Natura e os parques eólicos Muxía I e II. E por se alguén protesta, non hai que preocuparse: a declaración de utilidade pública, que a administración concede como churros, aplanará o camiño permitindo expropiar as terras dos que non queiran venderllas ás empresas privadas. E todo en aras do interese público , mais... de quen? Baixa as Alegacións LAT MUXÍA-VIMIANZO (93 KB)
-
Apresentouse a "Guía de boas práticas ambientais do Camiño de Santiago"
23 de xuño de 2009. Este pasado día 20 apresentouse en Melide, no marco da Universidade Rural Galega, a GUÍA de BOAS PRÁCTICAS AMBIENTAIS do CAMIÑO DE SANTIAGO (1.80 MB), coa intención de colaborar a ambientalizar o vindeiro ano xacobeo e promover as actitudes respectuosas co patrimonio natural e cultural do Camiño. Xunta aos consellos e boas práticas, incluimos tamén unha ficha de denuncia para que poidades enviar a ADEGA as vosas observacións sobre agresións e impactos no percorrido, así coma os comentarios e suxestións para millorar aquelas cuestións de incidencia ambiental no Camiño.
-
A cara "B" das piscifatorías: sumidoiro de subvencións e destrución de emprego
23 de xuño de 2009. Os postos de traballo son un dos principais argumentos das empresas de acuicultura industrial para defender os seus intereses. Nos seus proxectos e através da propaganda mediática, preséntanse como a panacea para as vilas costeiras, ofertando impúdicamente centos de empregos. A realidade é outra: a acuicultura industrial emprega hoxe a unhas 400 persoas segundo información do propio Clúster acuícola, entre persoal de dirección, vendas, producción, etc. Datos do IGE (Inst. Galego de Estatística) falan do estado destas empresas en Galiza: Plantillas inferiores a 50 traballadores, das que máis dun terzo teñen menos de 10 .
-
A piscifatoría de Mira, unha fraude de lei; a de Touriñán, un insulto á cidadanía
22 de xuño de 2009. Está moi claro quen manda na consellaría do Mar: PESCANOVA. A inauguración este día 21 da macropiscifatoría de Mira, preto de Coimbra, puxo de manifesto a enorme influencia que determinadas empresas privadas exercen sobre administracións e medios de comunicación. Así nas informacións da prensa galega, esta macroinstalación de acuicultura industrial preséntase como un proxecto milagre, capaz de achegar felicidade e prosperidade a vilas deprimidas e terceiromundistas. Esta enorme campaña informativa é parcial e carece de rigor ao presentar unha única visión das macropiscifactorias apoiada en mentiras e medias verdades. No entanto, á conselleira do Mar Rosa Quintana faltoulle tempo para poñerse ás ordes de Fernández de Sousa e repetir dilixente que recupera o proxecto de Touriñán.
-
Feira do Sol 2009 en Compostela
Compostela, 20 de xuño de 2009. Durante mañá e a tarde do sábado día 20, no paseo central da Alameda de Compostela, desenvolveranse as actividades da FEIRA DO SOL 2009. Os actos comezarán ás 11:30 horas e prolongaranse durante todo o día até as 20:00 h. Haberá cociña solar con degustación de produtos ecolóxicos, contacontos, obradoiros de fabricación de xoguetes solares, percorridos en bici e unha manchea de actividades lúdico-participativas. Dende ADEGA colaboraremos cun posto informativo e realizaremos un obradoiro de FOGARES VERDES (http://www.educacionambientaladega.info/fogares-verdes) para o aforro de auga e enerxía no fogar.Baixa o cartaz da FEIRA DO SOL 2009 (0,2 MB)
-
V encontro do voluntariado do Proxecto Ríos
Compostela, 20 de xuño de 2009. Este sábado día 20 no Museo do Pobo Galego realizaremos o V Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos. Este encontro pretende ser o espazo donde o voluntariado do Proxecto Ríos (http://www.proxectorios.org/index.php) poida presentar os seus traballos, partillar experiencias, divulgar audiovisuais, etc. Este ano o encontro centrarase no valioso patrimonio cultural asociado aos ecosistemas fluviais para divulgalo e poñelo en valor como unha peza fundamental para a conservación dos nosos ríos.Participa no roteiro polo río Sarela. Pica para máis información (index.php?option=com_content&task=view&id=1356&Itemid=2) (http://www.proxectorios.org/files/descargas/V%20Encontro%20de%20Voluntariado%20do%20Proxecto%20R%C3%ADos%202009.pdf)
-
Roteiro de ADEGA-Lugo á Serra do Invernadoiro: a ruta da Acevada e dos cercados.
Domingo 21 de xuño de 2009. Para finalizar o actual curso de roteiros 2008-2009 de Adega Lugo sobre os Parques Naturais, iremos ao Parque Natural da Serra do Invernadoiro, na provincia de Ourense. A ruta da Acevada é de 8 km aprox. e de dificultade media. Comeza nas casas da Ribeira Pequena, ascendendo entre piñeirais e cunha boa vista do val do río Ribeira Pequena até chegar ao lugar coñecido como Caseta do Birlauto.
-
A FEG e Amigos da Terra presentan as propostas ecoloxistas en materia de residuos
LIGAZÓN (index.php?option=com_content&task=view&id=1176&Itemid=2)
-
O galego é unha especie ameazada: o seu futuro non pode someterse a referéndum!
Compostela, xuño de 2009. Temos na Galiza unha especie única, que só existe nesta parte do mundo: un endemismo, que se di en ecoloxía. Este endemismo atópase en perigo de extinción debido a que a administración non se preocupa por fornecerlle un hábitat favorábel na escola e na sociedade. O Decreto 124/2007 viña a garantir o dereito á supervivencia do galego no ensino, en cumprimento do marco de convivencia estatutario. A súa derogación representa a consolidación da competencia desleal dunha especie alóctona, tan instalada que case se percibe como propia, como pasa co alcolito ... Esiximos dos poderes públicos respecto e compromiso coa nosa língua: O FUTURO DO GALEGO NON PODE SOMETERSE A REFERÉNDUM !
|